CRÓNICA – THE SKATALITES + BUSH DOCTORS + MÁISLUME KOLEKTIVE / SALA MALATESTA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

2 semanas hace escrito por

 

VOLVEMOS Á COMPOSTELANA SALA MALATESTA PARA ATOPARNOS COS CREADORES DO SKA, A EMBLEMÁTICA BANDA DE KINGSTON THE SKATALITES QUE VEÑEN PRESENTANDO O SEU NOVO TRABALLO “PLATINUM SKA”. A PRIMEIRA VEZ QUE DEI CON ELES FOI NO MESMO LUGAR SENDO A MÍTICA SALA NASA ARRIBA A ABAIXO. DESTA VOLTA PREGUNTÁBAM FARÁ CASE 10 ANOS E QUEDEI IMPRESIONADO CO XEITO QUE FIXERON BAILAR A ABARROTADA SALA DE E SE CO TEMPO QUE PASOU E SENDO UN FRIO DOMINGO DE NOVEMBRO CONSEGUIRÍAN O MESMO EFECTO, PERO O CERTO É QUE ME ATREVERÍA A DICIR QUE AÍNDA FOI MELLOR CONCERTO. ASÍ O VIVIMOS DESTA VOLTA:

A medida que nos achegabamos á sala viamos grupos de xente que xa auguraban que ía ser unha gran noite, pero ao chegar á porta confirmouse coa Malatesta chea ata arriba. Os galegos Bush Doctors foron os encargados de quencer o ambiente, e puxeron a bailar ao personal que se mostraba moi animado dende o primeiro momento. Logo dun cambio de set algo máis longo do esperado, comezaron a saír os membros de The Skatalites a probar microfónos. Sorprendeunos ver saír ao escenario ao baixista Val Douglas coa axuda dun andador, pero tamén nos fixo entender que isto non é só un traballo para eles, senón un xeito de vida. Da banda orixinal formada no 1964 só queda a
cantante Doreen Shaffer, pero moitos dos membros actuais levan máis de 30 anos formando parte dos Skatalites e de Studio One, lugar onde foron reputados músicos de sesión de lendas do reggae como Bob Marley ou Peter Tosh.

Logo dunha conta atrás, o músicos comezaron o concerto con “Freedom Sounds”, coa que puxeron patas arriba a sala. Foi impresionante ver a conexión que gardan co público. O mítico trombonista Vin Gordon non parou de bailar e xogar coa xente, mentres o resto dos metais mostraban o seu virtuosismo ao longo do concerto. Seguiron con “Confucius”, “James Bond Theme ” e “Latin Goes Ska” nunha especie trance onde se misturaban solos de instrumentos, baile e mesmo guiños a cancións de Elvis. É de destacar a capacidade da banda para xuntar a un público tan heteroxeneo como heavys, punkis ou rude boys e facelos bailar ao unísono cun moi bo rollo xeneralizado.

A primeira parte do concerto estivo marcada pola presenza de temas intrumentais e moi animados. Unha vez xa que nos tiñan gañados, saiu a escena Doreen Saffer, a raíña do ska, para cantar media ducia de cancións algo mái relaxadas. Doreen é puro carisma, e non parou de sorrir, lanzar bicos e agradecer ao púlbico a súa entrega. Tras retirarse ao camerino, a banda continuou coa súa liña instrumental, co guitarrista Natty Frenchy á fronte facendonos bailar sen parar, ata co solo de batería de Trevor Sparrow Thomsom, outro mítico da vella escola de Kingston. Continuaron con “Rock Fort Rock” e con “Guns of Navarone”, unha das súas pezas máis clásicas, a festa desatouse e ata puidemos ver un pogo nas primeiras filas e mesmo ao teclista e actual mánager Ken Steward abandonando o seu papel secundario para bailar dun xeito desenfadado en primeira fila.

Esta canción servíu de despedida, polo menos momentánea, xa que a banda non se fixo moito de rogar. O teclista aprobeitou para presentar á banda a medida que ían saíndo de novo a escenario. Xa con todos enriba de novo, mesmo con Doreen, animáronse con outro clásico como é “You´re wondering now” e con “Phoenix City” puxeron o peche ao seu concerto.

Para os que non madrugaban o luns e seguían con ganas de festa, Máis Lume Kolektive continuaron coa súa pinchada post concerto a base de dub do bo. Pese a ser domingo a resposta da xente foi inmensa, ogallá fosen así tódolos concertos. Gustounos moito a verdade e é de destacar o feito de unhas persoas que podían ser os nosos avós puxeron patas arriba a sala Malatesta, é moi inspirador ver que pese a levar toda a vida adicandose a isto, manteñen a paixón intacta. The Skatalites é máis que un nome ou un grupo, é un xeito de entender a vida.

 

Fotógrafa: Gloria López

Redactor: Miguel Duarte

Article Tags:
Article Categories:
Crónicas
banner

Los comentarios están cerrados.